2,99 IVA Incluido

Descripción

Guía didáctica en galego de acompañamento ao conto infantil «Uxía non é Uxía, senón Uxío»

Esta guía foi deseñada para  acompañar ao conto de Uxía non é Uxía, senón Uxío. O obxectivo da mesma é axudarche a usar este conto na aula ou coas túas crianzas e poder sacarlle o máximo proveito posible.

Nesta guía poderás atopar sinxelos exercicios organizados por idades para que o teu alumnado poida comprender moito mellor as ideas elaboradas a través deste conto. A guía componse de 7 follas de exercicios, máis unha portada e unha contraportada.

Así mesmo terás opción de extender o teu coñecemento e o do teu alumnado en canto á diversidade de xénero desde diferentes campos: vocabulario, historia…

Desde Realkiddys dámosche as grazas por animarte a adquirir esta guía ou ben un dos nosos contos e contribuír deste xeito a educar a un mundo máis xusto, máis diverso e máis auténtico.

Se queres acceder á guía de maneira gratuíta só tes que publicar unha foto túa ou da túa crianza (non é necesario que se lle recoñeza) co conto de «Uxía non é Uxía, senón Uxío» ou ben a súa versión en castelán etiquetando a Realkiddys.

A continuación procederemos a enviarche un cupón que equivaldrá ao cento por cento de desconto. Non perdas esta oportunidade, é moi sinxelo de facer e merecerá a pena.

Desexamos de corazón que a goces, ;).

guía didáctica en galego

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Guía didáctica en galego de «Uxía non é Uxía, senón Uxío»”

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

También te recomendamos…