2,99€ IVA Incluido
Descripción
Guía didáctica en galego de acompañamento ao conto infantil «Uxía non é Uxía, senón Uxío»
Esta guía foi deseñada para acompañar ao conto de Uxía non é Uxía, senón Uxío. O obxectivo da mesma é axudarche a usar este conto na aula ou coas túas crianzas e poder sacarlle o máximo proveito posible.
Nesta guía poderás atopar sinxelos exercicios organizados por idades para que o teu alumnado poida comprender moito mellor as ideas elaboradas a través deste conto. A guía componse de 7 follas de exercicios, máis unha portada e unha contraportada.
Así mesmo terás opción de extender o teu coñecemento e o do teu alumnado en canto á diversidade de xénero desde diferentes campos: vocabulario, historia…
Desde Realkiddys dámosche as grazas por animarte a adquirir esta guía ou ben un dos nosos contos e contribuír deste xeito a educar a un mundo máis xusto, máis diverso e máis auténtico.
Se queres acceder á guía de maneira gratuíta só tes que publicar unha foto túa ou da túa crianza (non é necesario que se lle recoñeza) co conto de «Uxía non é Uxía, senón Uxío» ou ben a súa versión en castelán etiquetando a Realkiddys.
A continuación procederemos a enviarche un cupón que equivaldrá ao cento por cento de desconto. Non perdas esta oportunidade, é moi sinxelo de facer e merecerá a pena.
Desexamos de corazón que a goces, ;).
Valoraciones
No hay valoraciones aún.